Diseño mecánico y verificación empírica de un sistema de canalización aerodinámico que mejora la eficiencia energética en automoción

  1. Fernández Gutiérrez, Jana
Dirixida por:
  1. Diego Vergara Rodríguez Director
  2. José A. Orosa Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 15 de setembro de 2023

Tribunal:
  1. Alba Martínez López Presidente/a
  2. María Isabel Lamas Galdo Secretario/a
  3. Pablo Fernández Arias Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 819881 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O fluxo de aire nos automóbiles xera unha alta resistencia no avance dos vehículos e o obxectivo da presente invención é aproveitar a propia forza do aire para axudar a impulsar os vehículos e reducir así o consumo de combustible. Deseñouse un sistema de canalización aerodinámica, baseado nun deflector que recolle o aire que impacta o vehículo na parte dianteira, trasladándoo á parte traseira onde é expulsado, permitindo encher a zona de baleiro, xa que o aire canalizado alcanza presións máis altas que reposicionan, aumentando significativamente os valores das presións. Construíuse o sistema de canalización, que se incorporou a un modelo de coche e realizáronse probas empíricas comparativas nun túnel de vento construído tamén para tal fin, comprobando que se elimina o baleiro na zona traseira do vehículo e mesmo obter presións positivas, acadando un rendemento do 3,3% a unha velocidade de 76 km/h. Así mesmo, a optimización enerxética verifícase mediante simulacións computacionais de mecánica de fluídos. Ademais, a análise da viabilidade técnica, económica e social é positiva, o que permite concluír que o sistema deflector ideado mellora a aerodinámica dos vehículos e diminúe o consumo de combustible.