"Cuando amaban las tierras comuneras"las mujeres y el patriarcado

  1. Jorge García Izquierdo
Libro:
Nuevas perspectivas literarias y culturales (I CIJIELC)
  1. R. Hernández Arias (ed. lit.)
  2. G. Rivera Rodríguez (ed. lit.)
  3. D. Pérez Álvarez (ed. lit.)

Editorial: Universidade de Vigo

ISBN: 978-84-608-6759-3

Ano de publicación: 2016

Páxinas: 335-345

Tipo: Capítulo de libro

Resumo

O seguinte artigo expón unha lectura de xénero da novela "Cando amaban as terras comuneiras", de Pedro Mir, a partir da formulación de tomar esta novela como unha "Novela de patria", que tenta resaltar as principais problemáticas do país e que, por tanto, tamén se fai necesario unha análise feminista desta obra. No texto o patriarcado aparece en distintos tipos de espazos e debúxanse distintos tipos de violencias cara ás mulleres que, neste caso, sófreas no seu maior parte Romanita: cosificación das mulleres, a división sexual do traballo ou o exilio patriarcal que o personaxe de Romanita sofre na novela, pois se mostra que son as mulleres as que sofren uns exilios máis duros. Tamén a repartición de coidados no ámbito doméstico é claramente patriarcal na trama, así como a unión do institucional co patriarcal representada polo personaxe do inspector de sanidade, que realiza un claro acoso rueiro ao personaxe de Romanita na capital, nun espazo público. Con todo, a crónica histórica que supón a única obra novelística de Pedro Mir indícanos aos lectores que as situacións das mulleres na República Dominicana foron mellorando, como son os casos das mulleres que sucederon cronoloxicamente a Romanita, Suzy e Urbana, quen rompe coa división sexual do traballo cun posto de mestra de colexio.